O Parroquial Suevo

O Parroquiale Suevum é un documento histórico no que se recolleu a organización territorial do reino suevo. Esta fonte serve como punto de partida para coñecer o artellamento do poder eclesiástico no territorio galaico de comezos da Idade Media.

O parroquial é un material controvertido e en constante revisión na comprensión e contextualización da súa información debido ás múltiples copias que circularon e a interesadas modificacións. Para este mapa tomamos de referencia traballos como o de Jorge López Quiroga ou Jose Carlos Sánchez Pardo. Necesariamente tivemos que representar límites difusos, xa que son interpretacións actuais, suxeitas a múltiples modificacións.

Este mapa pretende achegarnos ao modelo territorial suevo para, partindo desta organización pasada, poñer cimentos para comprender o Reino Medieval de Galicia. 13 dioceses, 133 parroquias recoñecidas pese a toda unha toponomia perdida na historia, e unha articulación do poder para mergullarnos noutro tempo.

Bibliografía (clic para mostrar)

Mariña BERMÚNDEZ BELOSO e Luis Manuel IBÁÑEZ BELTRÁN: “Una cartografía para los once condados de la diócesis de Lugo: hacia una nueva aproximación al Parrochiale Suevum”, Vínculos de la Historia, 9 (2020), pp. 181-201.

Martín FERNÁNDEZ CALO: “Plinio, o Parroquial Suevo e a evolución estructural do poder local galaico no Antigüedade”, GALLAECIA, 34 (2015), pp. 175-207.

Luis O. FONTES, “O Sítio arqueológico de Dume (São Martinho)”, en Jorge LÓPEZ QUIROGA (coord.): In tempore sueborum: el tiempo de los suevos en la Gallaecia (411-585), el primer reino medieval de Occidente, Deputación Provincial de Ourense, 2018, pp. 403-405.

Alberto GARÍN Felipe ASENJO, “Bergidum (Castro Ventosa, El Bierzo, León)”, en Jorge LÓPEZ QUIROGA (coord.): In tempore sueborum: el tiempo de los suevos en la Gallaecia (411-585), el primer reino medieval de Occidente, Deputación Provincial de Ourense, 2018, pp. 223-228. 

Avelino GUTIÉRREZ GONZÁLEZ, “El territorio y poblamiento rural asturleonés en época sueva y visigoda”, en Jorge LÓPEZ QUIROGA (coord.): In tempore sueborum: el tiempo de los suevos en la Gallaecia (411-585), el primer reino medieval de Occidente, Deputación Provincial de Ourense, 2018, pp. 299-301.

Jorge LÓPEZ QUIROGA: “El I y II Concilios de Braga y el Parroquial Suevo”, en Jorge LÓPEZ QUIROGA (coord.): In tempore sueborum: el tiempo de los suevos en la Gallaecia (411-585), el primer reino medieval de Occidente, Deputación Provincial de Ourense, 2018, pp. 138-144.

Jorge LÓPEZ QUIROGA: “Hábitat, poblamiento y territorio en la Gallaecia de época sueva”, en Jorge LÓPEZ QUIROGA (coord.): In tempore sueborum: el tiempo de los suevos en la Gallaecia (411-585), el primer reino medieval de Occidente, Deputación Provincial de Ourense, 2018, pp. 163-178.

Tomás MAÑANES, La cristianización del territorio de la meseta norte, Oppidum, 11, 2015, pp. 119-220.

Manuela MARTINS, Jorge RIBEIRO, Fernanda MAGALHÃES, Raquel MARTÍNEZ PEÑÍN, “Braga en época tardo romano e tardo antiga”, en Jorge LÓPEZ QUIROGA (coord.): In tempore sueborum: el tiempo de los suevos en la Gallaecia (411-585), el primer reino medieval de Occidente, Deputación Provincial de Ourense, 2018, pp.235-240.

Maria do Rosario MORUJÃO, “Lamego no tempo dos Suevos”, en Jorge LÓPEZ QUIROGA (coord.): In tempore sueborum: el tiempo de los suevos en la Gallaecia (411-585), el primer reino medieval de Occidente, Deputación Provincial de Ourense, 2018, pp. 259-261.

Manuel Luis REAL, e António Manuel SILVA,“Portumcale Castrum Novum na época sueva”, en Jorge LÓPEZ QUIROGA (coord.): In tempore sueborum: el tiempo de los suevos en la Gallaecia (411-585), el primer reino medieval de Occidente, Deputación Provincial de Ourense, 2018, pp. 205-207.

José Carlos SÁNCHEZ PARDO: “Organización eclesiástica y social en la Galicia tardoantigua. Una perspectiva geográfico-arqueológica del Parroquial Suevo”, Hispania Sacra, 134 (2014), pp. 439-480.

O encastelamento do Reino

Entre os séculos VIII-XIII, o territorio galego comezou a poboarse de castelos. Neste proceso construíronse unha serie de fortificacións con funcións defensivas: torres e castelos. Ao longo dos séculos, estas estruturas adquiriron novos labores vinculados á imaxe e mostra do poder señorial. Un feito ben representativo disto foi a Revolta Irmandiña, cuxa destrución e a posterior orde dos Reis Católicos representou o tránsito da Idade Media á Moderna. A nobreza deixa o castelo e instálase no pazo.

O historiador Carlos Lixó recolleu na súa tese de doutoramento o xurdimento dos castelos galegos medievais. Seguindo os seus apuntamentos, esta proposta trata de reseñar o momento histórico no que a nobreza galega gozaba dun poder sobre o territorio.

Neste mapa represéntase este proceso de encastelamento entre os séculos XI e o XV, cunha escolma de 79 fortificacións diferenciadas entre torres e castelos. Unha nova configuración feudal que deixou patrimonio material que perviviu por séculos.

Bibliografía (clic para mostrar)

Carlos BARROS: “Origen del castillo y coto de Aranga, siglos X-XII”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 56 (2009), pp. 139-150.

Lorena CARRASCO Y CIFUENTES: “La belicosa nobleza gallega y el uso de sus castillos en la Baja Edad Media”, IV Congreso de Castellología (7,8 e 9 de marzo de 2012), Madrid. 

David CHAO CASTRO: “El castillo medieval de Ribadavia”, Porta da aira: revista de historia del arte orensano, 14 (2016), pp. 67-90.

Fernando COBOS GUERRA e Manuel RETUERCE VELASCO: Metodología, valoración y criterios de intervención en la arquitectura fortificada de Castilla y León. Catálogo de las provincias de León, Salamanca, Valladolid y Zamora. Consejería de Cultura y Turismo: Castela e León, 2011. 

José María EGUILETA FRANCO: “Sondeos arqueológicos en la Torre de Vilanova (Calanova, Ourense). Memoria de la intervención de urgencia”, Gallaecia: revista de arqueoloxía e antigüedade,  14 (1996), pp. 511-555.

David FERNÁNDEZ ABELLA: “El castillo de A Rocha Forte, un ejemplo para el estudio de la guerra bajomedieval”, Revista Roda da Fortuna. Revista Electônica sobre Antiguidade e Medievo, 1 (2014), pp. 225-256.

David FERNÁNDEZ ABELLA: “El castillo de Rocha Branca de Padrón (A Coruña)”, Férvedes, 8 (2015), pp. 411-419.

Carlos GALBÁN MALAGÓN: “La fortaleza de Cira, un caso de construcción y deconstrucción del poder señorial”, Actas VII Congreso Nacional de Historia de la Construcción (26-29 de outubro de 2011), Santiago de Compostela.

Carlos Andrés GONZÁLEZ PAZ: “Una fortaleza medieval en el camino portugués a Santiago de Compostela: Castellum Sancti Pelagii de Luto”, Cuaderno de Estudios Gallegos, 122(2009), pp. 151-170.

Luis Manuel IBÁÑEZ BELTRÁN: La villa de Monforte de Lemos y la tierra de Lemos en la Edad Media, Tese de Doutoral, Universidade de Santiago de Compostela, 2019.

Carlos LIXÓ GÓMEZ: “Los castillos en la Galicia medieval: balance historiográfico y perspectivas de futuro”, Roda da Fortuna. Revista Eletrônica sobre Antiguidade e Medievo, 1 (2016), pp. 259-292.

Carlos LIXÓ GÓMEZ: O xurdimento dos castelos na Galiza medieval (ss. VIII-XIII), Tese Doutoral, Universidade de Santiago de Compostela, 2019. 

Manuel Anxo LÓPEZ-FELPETO GÓMEZ: “Naraio: un castelo no alfoz de Pontedeume. Das fontes documentais ás intervencións arqueolóxicas”, Cátedra: revista eumesa de estudios, 22 (2015), pp. 159-208.

César OLIVERA SERRANO: “Los señores y el estado de Monterrey (siglos XIII-XIV)”, Cuadernos de Historia de España, 80 (2016), pp. 147-170.

Pilar PIETRO MARTÍNEZ, Óscar LANTES SUÁREZ e Francisco ALONSO TOUCIDO: “Contribución de la arquimetría a la caracterización de la cerámica medieval en Galicia”, en Francesca GRASSI e Juan Antonio QUIRÓS CASTILLO (coords.): Arqueometría de los materiales cerámicos de época medieval en España. Universidade País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea, 2018, pp. 79-110.

Francisco Javier PÉREZ RODRÍGUEZ: “El coto auriense y el castillo de Louredo entre las tierras de Búbal y Limia (ss. X-XII)”, Minius, 23 (2015), pp. 241-260.

Jorge ROUCO COLLAZO: “Las funciones de una fortaleza bajomedieval: el caso de Pambre”, Cuaderno de Estudios gallegos, 130 (2017), pp. 167-197.

Jorge ROUCO COLLAZO e Carlos J. GALBÁN MALAGÓN: “Arqueología y arquitectura de poder. Evolución constructiva de la fortaleza medieval de Vimianzo (A Coruña)”, X Jornadas de Jóvenes en investigación arqueológica (7-10 de xuño de 2017), Burgos. 

José Ángel SANTOS FERRO: Origen y evolución de las fortalezas bajomedievales en la parte suroeste de la provincia de Lugo, Tese Doutoral, Universidade da Coruña, 2017.

O monacato no Reino

Da man das reformas políticas e administrativas, o territorio galego cristianizouse coa chegada dos suevos, extendéndose primeiro os eremitorios (Prisciliano, Martiño de Dumio) e, deseguido, os cenobios. Deste primeiro monacato confrontaranse dúas ordes: a regra beneditina (s. X) e a cisterciense (XII). A expansión da rede monacal por Galicia e as diferentes ordes servénnos para entender o proceso de cristianización do territorio e os tecidos de influencia e poder entre o relixioso e o civil.

Tomando como referencia principal a investigación de Xosé Miguel Andrade, reconstruimos sobre o mapa as diferentes fundacións monásticas que ocuparon o Reino de Galicia. Deste xeito, vemos unha heteroxeneidade ao longo do territorio en canto ás ordes fundacionais e ás comunidades segundo foran femininas, masculinas ou mixtas.

A importancia e a influencia da Igrexa foi fundamental no desenvolvemento político e económico do Reino: a ordenación territorial foi determinada por parroquias  e a produción agraria e comercio eran organizadas en moitas zonas polos mosteiros.

Bibliografía (clic para mostrar)

Xosé Miguel ANDRADE CERNADAS: “La vida cotidiana en un monasterio medieval”, Semata: ciencias sociales y humanidades, 7-8 (1996), pp. 296-306.

Xosé Miguel ANDRADE CERNADAS: Monxes e mosteiros na Galicia medieval. Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 1995. 

Xosé Miguel ANDRADE CERNADAS: “Los modelos monásticos en Galicia hasta el siglo XI”, Archivo Ibero-Americano, 65 (2005), pp. 587-610.

Marta CENDÓN FERNÁNDEZ e M. Dolores FRAGA SANPEDRO: “De la monarquía a la burguesía. Empresas artísticas en los conventos femeninos de la Galicia medieval” en Gemma COLESANTI, Blanca GARÍ e ​​Núria JORNET I BENITO (coords.): Clarisas y dominicas modelos de implantación, filiación, promoción y devoción en la Península Ibérica, Cerdeña, Nápoles y Sicilia. Florencia, Firenze University Press, 2017, pp. 339-381.

Josefina CERVIÑO LAGO: “Dos monasterios pontevedreses: Poio y Armenteira”, en José LEIRA LÓPEZ, O Camiño Portugués III Aulas no Camiño: un estudio multidisciplinar da realidade galega que atravesan os camiños de Santiago. Badaxoz, Diputación Provincial de Badajoz, 1998, pp. 191-221.

Vicente DE LA FUENTE: “El monasterio de Santa María de Sobrado: su relación con Betanzos y Fray Atilano Melguizo, su último monje exclaustrado”, Anuario Brigantino, 28 (2005), pp. 153-172.

Sonía M. FERNÁNDEZ PÉREZ: “Estudio Histórico Artístico del Monasterio de San Salvador de Bergondo en la Edad Media”, Anuario Brigantino, 23 (2000), pp. 379-412.

Miguel GARCÍA FERNÁNDEZ: “La proyección del monasterio femenino de San Salvador de Sobrado de Trives sobre su entorno: relaciones sociales, económicas y de poder”, Actas do I Encontro Ibérico de Jovens Investigadores em Estudos Medievais – Arqueologia, História e Património (23-24 maio de 2013), Braga.

María GARROTE RECAREY: “Santa María de Meira. Transformaciones del monasterio y génesis de la villa”, Abrente, 42 (2010), pp. 75-112.

Julio Ignacio GONZÁLEZ MONTAÑÉS e Carlos SASTRE VÁZQUEZ: “O monacato en Galicia” en Julio Ignacio GONZÁLEZ MONTAÑÉS e Carlos SASTRE VÁZQUEZ (coords.): Conventos e mosteiros de Galicia. Vigo, NigraTea, 1999, pp. 8-21.

Carmen MANSO PORTO: “El monasterio de Santa María la Real de Oia. Estudio Histórico-Artístico”, Cuaderno de estudios gallegos, 49(2002), pp. 252–306.

Jorge LÓPEZ QUIROGA e Natalia FIGUEIRAS PIMENTEL: “Ecllesia edificata inter alpes roccas nominata. El complejo rupestre de san Pedro de Rocas (Esgos, Ourense)” en Jorge LÓPEZ QUIROGA (coord.): In tempore sueborum: el tiempo de los suevos en la Gallaecia (411-585), el primer reino medieval de Occidente. Ourense, Deputación de Ourense, 2018, pp. 373-394.

Enriqueta LÓPEZ MORÁN: “El Monacato Femenino Gallego en la Alta Edad Media (La Coruña y Pontevedra)”, Nalgures, 1(2004), pp. 119-175.

Estefanía LÓPEZ SALAS: San Julián de Samos- Lugo, estudio del diseño monástico y su evolución. Tese Doutoral, Universidade da Coruña, 2015. 

Fundación Santa María la Real: Enciclopedia del Románico. Dispoñible en https://www.romanicodigital.com (consultado 12/11/2022)

José Luis LÓPEZ SANGIL: “La fundación del monasterio de san Salvador de Cines”, Anuario Brigantino, 24(2001), pp. 139-156.

José Luis LÓPEZ SANGIL: “Historia del monacato gallego”, Nalgures, 2(2005), pp. 9-47.

José Luis LÓPEZ SANGIL: “El monasterio de Santa María de Monfero (La Coruña) cerca de 900 años de arte pendientes de restauración”, Restauro. Revista internacional del patrimonio histórico, 7(2010), pp. 52-61.

Teresa Claudina MOURE PENA: Los monasterios benedictinos femeninos en Galicia en la Baja Edad Media: arquitectura y escultura monumental. Tese Doutoral, UNED, 2015.

Ermelindo PORTELA SILVA: La colonización cistercense en Galicia (1142-1250). Madrid: Fundación Juan March, 1980.

José Ángel REY CAIÑA: “Abadologio del monasterio de Santa María de Ferreira de Pallares”, Boletín do museo provincial de Lugo, 5(1992), pp. 55-90.

Mª. Luz RÍOS RODRÍGUEZ: “Las instituciones eclesiásticas y políticas en la Edad Media gallega. Estado de la cuestión: 1992-2002”, Semata: ciencias sociales y humanidades, 15(2003), pp. 15-83.

José María RODRÍGUEZ DIÁZ: “La sede episcopal de los britones”, Rudesindus, 6(2010), pp. 33-41.

José Carlos SÁNCHEZ PARDO: “Estrategias territoriales  de un poder monástico en la Galicia Medieval: Celanova (siglos X-XIII)”, Studia Historica, Historia Medieval, 28(2010), pp. 155-178. 

Ramón YZQUIERDO PERRÍN: “San Vicente de Pombeiro y San Martín de Xubia: dos monasterios benedictinos pertenecientes a Cluny”, Anuario Brigantino, 35(2012), pp. 321-348.

Mulleres na lírica medieval

A poesía trobadoresca galego-portuguesa desenvolveuse en ámbitos señoriais co obxectivo do divertimento desa elite social. A través das cantigas podemos ollar máis aló do político-administrativo para coñecer a historia do Reino de Galicia dende o sociocultural e a relixiosidade.

Seguimos a liña da investigadora Esther Corral, que nos seus traballos recolle e analiza a presenza e a imaxe transmitida das mulleres nas cantigas, combinando os estudos de peregrinaxe, trobadorismo e de historia das mulleres. Neste caso escollimos a tipoloxía de cantigas de amigo, na súa vertente máis xeográfica como son as de santuario. Mediante as distintas cantigas de santuario fomos localizando puntos no mapa até conformar unha rede non homoxénea de lugares mencionados nos versos, permitíndonos poñer sobre o mapa, asemade, espazos públicos con constatada presenza feminina.

Deste xeito, e a través da voz poética das mulleres, achegámonos á historia medieval de Galicia dende unha perspectiva menos política e máis cultural.

Bibliografía (clic para mostrar)

Esther CORRAL: “A peregrinación feminina nas cantigas”, en Ad limina, Vol. 12, Nº 12 (2021), Santiago de Compostela, pp. 95-118.

Esther CORRAL: “A condición feminina na cantiga de escarnio galego-portuguesa: un caso singular do maldizer feminino”, en REQUEIXO, Armando [coord.], Sobre letras e signos. Estudes en homenaxe a Anxo Tarrío Varela (2017) Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, pp. 279-290.

Esther CORRAL: “A Donzela na Lírica Profana Galego-Portuguesa”, Actas do IV Congreso da Assoaciação Hispânica de Literatura Medieval – Literatura Medieval Vol. II (1-5 outubro de 1991), Lisboa.

Manuel FERREIRO (dir.) (2018-): Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa. Universidade da Coruña <http://universocantigas.gal> ISSN 2605-1273 [data da última revisión: 08/11/2022].

UC/Glosario, s.v. xxx, en Manuel FERREIRO (dir.) (2014-): Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa. Universidade da Coruña <http://universocantigas.gal> [data da última revisión: 08/11/2022].

Henrique MONTEAGUDO: “Nas orixes da lírica trobadoresca galego-portuguesa”, en Fernando LÓPEZ ALSINA, Henrique MONTEAGUDO, Ramón VILLARES, Ramón IZQUIERDO PERRÍN [coord.] O século de Xelmírez (2016)Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, pp. 387-437.

O Reino no comercio marítimo europeo

Documentos históricos como o Territorium Salinense de Martín Sarmiento documentan a presenza de peixe galego salgado no mediterráneo en 1380. Situar a Galicia nas rutas de cabotaxe europeas permítenos coñecer non só o comportamento económico-mercantil do Reino e a súa centralidade internacional, senón tamén dar conta da evolución urbana da súa costa.

Traballos como os de Elisa Ferreira, serviron como base metodolóxica e documental para a realización deste mapa. 

Ampliamos a escala para colocar Galicia centrada no eixo occidental de Europa,describindo  as principais importacións e exportacións do fenómeno comercial marítimo galego, así como os seus portos de saída adheridos a unha rede comercial que chega a Inglaterra, Frandes ou Sicilia.

Bibliografía (clic para mostrar)

Betsabé CAUNEDO DEL POTRO: “El desarrollo del comercio medieval y su repercusión en las técnicas mercantiles. Ejemplos castellanos”, Pecvnia, 15(2012), pp. 201-220.

Elisa FERREIRA PRIEGUE: Galicia en el comercio marítimo medieval. Tese Doutoral, Universidade de Santiago de Compostela, 1986. 

Elisa FERREIRA PRIEGUE: “Mercaderes gallegos en la Edad Media. Una aproximación pendiente”, SEMATA, Ciencias Sociais e Humanidades, 12(2000), pp. 19-34.

Juan JUEGA PUIG: El comercio marítimo de Galicia (1525-1640). Tese Doutoral, Universidade de Santiago de Compostela, 2012. 

David IGUAL LUIS: “Itinerarios comerciales en el espacio meridional mediterráneo de la Baja Edad Media”. Itinerarios medievales e identidad hispánica: XXVII Semana de Estudios Medievales (do 17 ao 21/07/2000), Estella. 

Ángel Luis MOLINA MOLINA: “Los viajes por el mar en la Edad Media”, Cuadernos de turismo, 5(2000), pp. 113-122. 

Produción e comercio do viño

No século XII, pola porta de Mazarelos entraban en Santiago os viños de Ribeiro e Ulla. No XV, entre 60 e 230 toneis de viño galego navegaban cara a Southampton. Onde se producía e a onde ía é o que representa este mapa, co obxectivo de reseñar a importancia da produción vitícola galega no medievo.

A través desta proposta cartográfica ilústranse as principais áreas de cultivo, cunha extensión necesariamente estimada, e as liñas de exportación dende os principais portos galegos cara o norte de España e a Europa Atlántica (Inglaterra, Frandes etc.). Utilizamos para a súa elaboración parte da gran produción historiográfica galega sobre o cultivo da vide e o seu comercio.

Ollando deste xeito podemos observar como as zonas de elaboración doutrora coinciden coas de agora, e xa dende a Idade Media eramos un núcleo de exportación de referencia.

Bibliografía (clic para mostrar)

Elisa FERREIRA PRIEGUE: Galicia en el comercio marítimo medieval. Tese Doutoral, Universidade de Santiago de Compostela, 1986. 

Clodio GONZÁLEZ PÉREZ: “El vino del Ribeiro: tradición y calidad”, Narria: estudio de artes y costumbres populares, 79(1997), pp. 18-24.

José Antonio LÓPEZ SABATEL: “Uso y transformación en espacio agrario del monte y del estrato arbóreo en la Ribeira Sacra durante los siglos XIV y XV”, Cuaderno de estudios gallegos, 122(2009), pp. 213-233.

José Antonio LÓPEZ SABATEL: “El viñedo en la Ribeira Sacra durante los siglos XIV y XV. Paisaje, explotación y pervivencias”, Espacio, tiempo y forma, 35(2022), pp. 355-372.

Francisco J. PÉREZ RODRÍGUEZ: “La explotación de la vid por el cabildo compostelano en el Ribeiro de Avia: la tenencia de Quinza (ss. XII-XIV)”, Minius, 3(1993), pp. 83-90.

Ana María RIVERA MEDINA: “El viñedo y el vino de Ribadavia: consideraciones jurídicas bajomedievales y de los primeros tiempos modernos”, HISPANIA: Revista española de historia, 243(2013), pp. 51-78.

Francisco SINGUL: “El vino en el camino de Santiago durante la Edad Media. Aproximación histórica y cultural”, Redesindus, 4(2008), pp. 83-106. 

Andrés TEIRA BRIÓN e Josefa REY CASTIÑEIRA: “Evidencias arqueobotánicas para una historia del consumo y producción de vino en el Noroeste ibérico”, SPAL, 31(2021), PP. 165-195.

 

Nobres galegas en desprazamento

A imaxe da dama atrapada nunha torre é un tópico recorrente ao referirnos á nobreza medieval. Non obstante, as mulleres nobres desprazábanse, xa fora por motivos matrimoniais, relixiosos ou administrativos. E se desprazaron vivas e mortas, acompañadas de vivas. 

Seguimos o traballo do investigador Miguel García Fernández, que puxo de manifesto a itinerancia feminina como  unha práctica máis que habitual, demostrándoo a partir de documentación procedente das institucións relixiosas, de arquivos nobiliarios ou estudos de liñaxes. Para este mapa realizouse unha pequena escolma de nomes de mulleres que por diferentes motivacións mudaron de ubicación, tanto no propio reino como ao longo da península.

Ter isto presente permítenos rachar tópicos  e saber das redes tecidas entre casas señoriais galegas e mosteiros, e amosar a relevancia de Galicia nas relacións diplomáticas coa coroa de Castela e a de Portugal.

Bibliografía (clic para mostrar)

Miguel GARCÍA-FERNÁNDEZ: “Dominae viatrices. Viajes y desplazamientos de las mujeres  nobles en la Galicia medieval”, Medievalismo, Nº 29 (2019), pp. 175-214.

As sete provincias galegas

Antes do decreto do 30 de novembro de 1833, o territorio galego estaba dividido en sete provincias: Santiago, A Coruña, Betanzos, Lugo, Mondoñedo, Ourense e Tui. A reforma administrativa de 1833 marca tamén o final formal do Reino de Galicia. É por iso que pechamos este ciclo cartográfico coa última división territorial do reino antes da súa liquidación e da configuración actual.

A Descripción económica do Reino de Galicia que realiza Lucas Labrada permítenos coñecer os límites, extensión e características das sete provincias no 1804. Os traballos de cartografía de Parcero Oubiña sobre o Reino en 1753 complementan o soporte visual que nos ofrecen os Mapas generales de 1784. E coas cartas geométricas de Domingo Fontán (1834) obtemos o resultado da reforma liberal de 1833 dunha Galicia en catro provincias.

Pechamos un Reino de Galicia moi cambiado no tempo e moi distante do territorio delimitado no parroquial suevo. Toda unha evolución terrtorial dende o temperán século VI até o cambiante século XIX.

Bibliografía (clic para mostrar)

José Lucas LABRADA: Descripción económica do Reino de Galicia, (1804). Consultado en: http://biblioteca.galiciana.gal/es/consulta/registro.do?id=410681

César PARCERO-OUBIÑA: Cartografía Digital de Galicia en 1753. Jurisdiciones, provincias y Reino (2019), Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, Nº 83, Santiago de Compostela: Andavira.Catálogo de la Cartoteca (IGN): Galicia (Reino). Mapas generales. 1784. Consulta web en: https://www.ign.es/web/catalogo-cartoteca/resources/html/028426.htm