Que é?
A historia é unha disciplina presente na sociedade e na rede. O Reino no mapa é un proxecto creado por Mazarelos para divulgar o Reino Medieval de Galiza. Baséase na elaboración de diferentes mapas que utilizan como nexo de unión o espazo ocupado polo Reino. A intención é mostrar de maneira visual e gráfica diferentes aspectos da organización política, social e cultural do Reino Medieval de Galiza e o seu encadramento na Europa e no mundo da época.
Facémolo creando unha nova cartografía deste período, amosando fontes orixinais nas que estivo presente Galiza e acompañándoo cunha contextualización en texto e vídeo , nunha linguaxe sinxela. Todo isto dende novas olladas que teñan en conta aos subalternos, á perspectiva de xénero e expliquen o espazo do Reino de Galiza no mundo ou, o que é o mesmo, poñer o Reino no mapa.
A proposta reino.gal pon a disposición en acceso libre materiais didácticos e divulgativos de primeiro nivel para ampliar o coñecemento e a traxectoria da realidade medieval galega. Todos os materiais desta páxina poden ser descargados e utilizados libremente, só co requisito de citar a súa procedencia.
Quen o fixo?
Mazarelos Sociedade Cooperativa Galega xuvenil sen ánimo de lucro
Mazarelos foi a entidade responsable da elaboración do proxecto, dende a idea inicial até o resultado final. Participaron neste proceso Miguel Rodríguez Martínez (Graduado en Historia), Roque Sanfiz Arias (Graduado en Historia), Laura Rodríguez Rodríguez (Graduada en Historia e Xornalismo) e Andrea Rivas Fiel (Graduada en Historia).
Tysgal
Foron os encargados de realizar o tratamento cartográfico dos datos.
https://tysgal.com/
Pedro Iglesias
Foi o responsable da identidade gráfica do proxecto e da transformación dos mapas até o resultado final.
https://pedroiglesias.eu/
Colaboraron
Na elaboración deste proxecto houbo outras voces que axudaron ao seu desenvolvemento: asesoramento histórico, participación na divulgación audiovisual dos contidos dos mapas etc. Agradecemos profundamente a colaboración de:
José Miguel Andrade Cernadas
Diana Pelaz Flores
Miguel García-Fernández
José Carlos Sánchez Pardo
Manuel Gago Mariño
Dolores Barral Rivadulla
Mateo Martínez Torres
Grazas a
O Reino no Mapa é un dos proxectos seleccionados do Fondo de proxectos do Reino de Galicia 2021/2022 da Deputación da Coruña.